lunes, 28 de mayo de 2007

Quen dixo que a empresa privada estaba na Universidade?


Velaí un cartaz que anuncia (así, sen complexos) as "entidades" patrocinadoras do 150 aniversario da nosa faculdade (muitas delas emrpesas privadas), que as autoridades se esmeraron en converter nun derroche de pasta. E xa sabemos que cando se move muita pasta... algo acaba caendo... O peor é que nós colgamos un cartaz para anunciar a asemblea ou para informar sobre o proceso de Boloña e desaparece en cuestión de horas...


Aquí outro cartaz que nos alenta a ser becari@s. Si, ese estatus "laboral" caracterizado pola inseguridade e o desamparo legal. E o anuncia a fundación Universidade-Empresa. No web anunciado, nun ambiente propio dun videoxogo (para facelo máis fácil) plantéxasenos unha saída fácil a inseguridade ante a falta de emprego que aniña no estudantado ao rematar a carreira. Cámbiannos esa situación pola precaridade dun traballo muitas veces non remunerado, e sen protección legal.

No hay comentarios: