Este blog nace con motivo de dar un espazo na rede á Asemblea de Estudantes da facultade de Farmacia da Universidade de Santiago de Compostela. Aquí poranse textos de formación, sobre todo do tema máis importante para o estudantado no 2007: o Proceso de Boloña. Porque é no 2007 cando todas as reformas que se plantexan na Declaración de Boloña (e outras) tomarán corpo lexislativo no Estado Español.
A Asemblea nace en principio como iniciativa para cubrir o baleiro de información que hai sobre Boloña e o Espazo Europeu de Educación Superior. Somos da opinión de que se desde as institucións non nos informan, deberemos facelo nós, sobre todo tendo en conta a enorme afectación que terá a vindeira reforma do ensino superior para o estudantado. Pero a asemblea non pretende quedarse aí, senón que pretende constituírse nun espazo aberto de discusión para @s estudantes de Farmacia sobre os temas que lles afectan como tales estudantes: tanto a nivel de plano de estudos, de reforma universitaria, de problemas con profesores, etc. Trátase por iso dunha asemblea totalmente independente de todo tipo de organización/sindicato estudantil (aínda que por suposto non rexeitamos aos membros de ningunha asociación/sindicato mentres vaian a título individual), e independente tamén das institucións universitarias e do decanato da Facultade.
Desde o blog, iranse publicando as resolucións máis importantes que se acaden na asemblea, e iremos informando das cousas que vaiamos facendo.
Así que animámosvos a tod@s a participar na vosa asemblea!
Tódolos mércores ás 20:00 no Aula 3.
jueves, 30 de noviembre de 2006
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario