jueves, 30 de noviembre de 2006

Xuntanza Interasemblear / Principios básicos

Antes de que a Asemblea de Farmacia se convocase con carteis pola Facultade, xa había reunións semanais. Pero era algo entre amig@s, antes de que nos decidisemos a darlle convocatoria por toda a facultade. Pois con todas as asembleas de facultade que hai creadas na USC creouse unha Coordinadora Interasemblear para ter a capacidade de informar á xente de temas comúns que concernen ao estudantado da USC en xeral. Sobre todo, isto se creou con vistas ao tema do Plano de Boloña. Para difundir e compartir información entre as facultades; que se outras facultades levan organizadas máis tempo, pois que nos boten un cable ás que levamos menos; para organizar actos tipo conferencias, charlas, etc... en común, e demáis.

A primeira reunión, á que acudimos algunha xente da que estabamos intentando tirar adiante coa Asemblea de Farmacia (e polo tanto non estabamos representando realmente á asemblea, posto que había xente da facultade que non a coñecía), foi o luns 27 de Novembro. Xa hai unhas 13 asembleas en total entre as que están en proceso de creación e as que xa están constituídas (de 20 facultades da USC). Alí había xente de 8 asembleas. E nesa reunión acordáronse uns puntos básicos no que respecta ao funcionamento da asemblea, que se poden resumir en:

- Farase unha reunión cada 2 semanas. E unha reunión extraordinaria a petición dunha asemblea, que avise ás demáis.
- Acudirán 2 persoas por asemblea de facultade, e cada facultade terá un voto.
- A asistencia será aberta, é dicir, que a xente que queira ir á marxe de que non represente a ningunha asemblea poderá facelo (pero sen voz nin voto).
- Haberá unha mesa moderadora composta por 2 persoas de distintas asembleas (quenda rotatoria).
- O idioma dos textos, carteis, e demáis que saia da asemblea será o galego.
- O sistema de votación das decisións será por maioría simple das asembleas que acudan á xuntanza interasemblear.

Comentar, que polo momento, a Asemblea de Farmacia decidiu adoptar este esquema básico de funcionamento obviando o da frecuencia das reunións (que serán semanais, os mércores), a representación (cada asistente a asemblea que sexa estudante de farmacia, ten un voto) e claro, o que respecta aos representantes de cada facultade.

Ademáis, o mércores 29 decidiuse na asemblea que para participar na xuntanza interasemblear, farano 2 membros voluntarios da asemblea, facilitando sempre a rotación, para que vaia indo todo o mundo e vendo como funciona o percal...

No hay comentarios: